A Xunta colabora con Agalcari
Rosa Quintana visitou Astilleiros Catoira en Rianxo, onde se asinou un convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari).
A Consellería do Mar apoia con 28.000 euros á asociación para o desenvolvemento de actividades destinadas a promover o dinamismo e a innovación no sector da carpintería de ribeira.
Rosa Quintana destacou a importancia do asociacionismo para potenciar o patrimonio, a innovación, a cultura e o alto valor ecolóxico que definen esta actividade e puxo como exemplo o labor de Agalcari.